Hoxe traballamos os números. Primeiramente, tivemos que atopar o número na táboa que fixemos onte.
A continuación, xa en grupos, un deles dicía un número e os demais tiñan que compoñelo coas fichas numéricas.
Cando xa dominábamos a composición numérica a partir da palabra, engadimos unha nova dificultade. Esta vez non había que dicir o número en alto senón transmitirllo aos compañeiros a través das regletas das decenas e das fichas das unidades. Deste xeito, tiñan que contar de 10 en 10 cada unha das regletas vermellas e de 1 en 1 as fichas azuis. Por exemplo, se tivesemos 3 vermellas y 7 azuis, contarían 10. 20, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 37. Animádevos a xogar na casa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario