Para empezar a festa a cara imos pintar,
e co bos artistas que somos que espectáculo imos dar!
Cambiamos un chisco o rostro cos enfeites que poidamos
e para darlle máis arte...
o pelo tamén pintamos ou perruca levamos.
Todos vestimos pixama
mellor se é rechamante
que sexa moi abrigoso
para que o frío espante.
E para que teña máis graza
teremos que calzar,
botas, zapatos ou tenis
pero de distinto par.
A orde para este día e de obrigado cumprimento.
Quen non a queira cumprir vai ter un bo escarmento.
Podes vir de rapeiro, guitarrista ou pianista,
de frautista ou de roqueiro...
o caso é vir de músico para alegrar este colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario