lunes, 29 de febrero de 2016

PASAPALABRA (Tema 7 e 8)



Resultado de imagen de pasapalabra pinguino


A: utensilio utilizado no xardín
B: son que fai a ovella
C: son que fai a ra
D: as plantas que se plantan no invernadoiro son plantas...
E: os peixes están cubertos de ....
F: as plantas respiran por as súas...
G: persoa que vixía e coida os montes
H: tipo de arbusto cuxa folla ten forma de tridente
contén o I: persoa que prepara ramos e outros adornos feitos con flores
L: tipo de árbore cuxa folla ten forma de bágoa
M: animal de sangue quente que nace do ventre da súa nai
O: animal que nace dun ovo.
P: persoa que vixía rabaños de ovellas e cabras
contén o Q: ardilla en galego.
R: son que fai o cabalo
S: seto de arbustos que delimita un espazo
T: duende en galego
V: persoa que cura ós animais
X: persoa que coida as plantas dos parques e xardíns
Z: persoa que investiga sobre os animais

viernes, 26 de febrero de 2016

A AUGA



 Un dos efectos do quentamento global: o nivel da auga subirá









Cambio de estados: de sólido (xeo) a líquido:




                             

Cambio de estado: de líquido a gasoso e a inversa





miércoles, 24 de febrero de 2016

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Hoxe traballamos os números. Primeiramente, tivemos que atopar o número na táboa que fixemos onte. 

A continuación, xa en grupos, un deles dicía un número e  os demais tiñan que compoñelo coas fichas numéricas. 












Cando xa dominábamos a composición numérica a partir da palabra, engadimos unha nova dificultade. Esta vez non había que dicir o número en alto senón transmitirllo aos compañeiros a través das regletas das decenas e das fichas das unidades. Deste xeito, tiñan que contar de 10 en 10 cada unha das regletas vermellas e de 1 en 1 as fichas azuis. Por exemplo, se tivesemos 3 vermellas y 7 azuis, contarían 10. 20, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 37. Animádevos a xogar na casa!!!









O MOUCHO LEROUCHO














sábado, 20 de febrero de 2016

AS NOSAS PLANTAS

Adicamos esta semana a aprender aínda máis sobre as plantas.

Primeiramente fixemos unha brain storm sobre o que podemos atopar nun xardín. 



Despois aprendimos que as plantas son seres vivos que necesitan auga, luz e nutrientes para vivir. Descubrimos tamén a palabra fotosíntese ca axuda do aforcado. 




O xoves saímos ao invernadoiro e ao patio do colexio para observar as plantas e árbores e ao chegar á clase, fixemos un debuxo sobre o aprendido. Espero incorporar os debuxos que faltan a próxima semana. 











E o venres, plantamos as nosas propias flores. 



1 semana despois (26/02/2016)


2 semanas despois (4/3/2016)

3 semanas despois (11/3/2016)

4 semanas despois (18/3/2016)

6 semanas despois (1/4/2016)