Somos seres humanos porque podemos PENSAR (cerebro) e FALAR
(linguaxe).
O seres humanos somo SIMÉTRICOS
pero diferenciámonos por varias características físicas:
--Características sexuais (Paula é unha nena e Manuel é
un neno).
--Trazos individuais (Andrea é loura, co pelo rizado e os
ollos azuis).
--Constitución corporal (Kayla é máis baixa que Saray e o
alumnado de 3ºB é delgado).
Partes do corpo:
Partes do corpo:
CABEZA, TRONCO E EXTREMIDADES
Na cabeza diferenciamos o CRÁNEO e a CARA.
No tronco o TÓRAX e o ABDOME.
Nas extremidades superiores ANTEBRAZO,
BRAZO e MAN.
Nas extremidades inferiores COXA, PERNA e
PÉ.
Os ósos están suxeitos mediante as ARTICULACIÓNS e os músculos están suxeitos aos ósos mediante os TENDÓNS.
Tipos de ARTICULACIÓNS: móbil, semimóbil e fixa.
Somos seres vivos porque nacemos, alimentámonos e medramos, relacionámonos, reproducímonos e morremos.
Polo tanto, os seres vivos realizamos as seguintes FUNCIÓNS VITAIS:
REPRODUCIÓN (nacer e reproducirse)
NUTRICIÓN (alimentarse e medrar)
RELACIÓN (relacionarse coa contorna ou outros seres vivos)
As etapas da vida son 5: infancia, adolescencia, xuventude, idade adulta e vellez. Nas páxinas 8 e 9 tedes un resumo dalgunhas das características destas etapas.
A función de RELACIÓN é a capacidade que teñen os seres vivos para captar o que acontece ao seu arredor e reaccionar ante iso.
É realizada polo:
APARATO LOCOMOTOR,
o CEREBRO e os NERVIOS
os ÓRGANOS DOS SENTIDOS
Os órganos dos sentidos son: tacto (a pel), vista (os ollos), gusto (a lingua), olfacto (o nariz) e o oído (o oído).
A acción de alimentarnos e asimilar todo o que necesitamos para manternos vivos chámase NUTRICIÓN.
Esta función é realizada polo:
APARATO DIXESTIVO
APARATO RESPIRATORIO
APARATO CIRCULATORIO
APARATO EXCRETOR.
A capacidade de ter descendentes é o que se coñece como REPRODUCIÓN. Os fillos seméllanse aos seus pais grazas a carga xenética (ADN). Dentro dos xenes transmitidos, uns son DOMINANTES (pelo marrón, ollos escuros, pelo rizo) e outros RECESIVOS (pelo louro, ollos claros, pelo liso).
A función de REPRODUCIÓN é realizada polo APARATO REPRODUTOR.

No hay comentarios:
Publicar un comentario