viernes, 27 de octubre de 2017

A NOITE MÁIS ESCURA



MARÍA: Había unha vez nun bosque de Galicia dous pequenos cervos que vivían coa súa familia. IKER: Un día, mentres estaban pastando, tiveron que saír correndo por culpa duns cazadores. ANDREA: Os cazadores, como non puideron cazalos porque estaba escuro, tiraron unha cabicha que provocou lume. LUCÍA: O comezo, os cervos adentráronse naquela marabunda de lapas, pero unha vez preto delas, apartáronse asustados porque ía demasiada calor. NOA H.: Comezaron a aparecer pequenos animais preguntando qué estaba a ocorrer. PABLO: O bosque era un auténtico caos porque todos os animais corrían e berraban. SARAY: Aínda que buscaban unha saída, as lapas extendíanse rapidamente. ANA: Os eucaliptos semellaban cabazas xigantes da noite do Samaín. MIKEL: Como o lume avanzaba máis rápido ca eles, non atopaban o camiño a casa. MANUEL: Estaban moi asustados, tremendo co medo. JOEL: Pensaban que nunca máis volverían a ver aos seus pais. HÉCTOR: As árbores caídas  bloqueaban as saídas. MARTA L.: Corrían e corrían e os seus corazóns latexaban sen parar. KAYLA:  Cada vez era máis difícil respirar e picábanlles os ollos.
RAN: Ademais, non se vía a lúa porque estaba agochada tras a densa cortina de fume. LUCA: Os seus pais, que estaban nunha zona do bosque a salvo, estaban moi preocupados porque non sabían onde estaban os seus fillos. NOA S.:  De súpeto, os animais engaiolados polas árbores caídas, cando pensaban que morrerían asfixiados, escoitaron as sereas dos bombeiros. ISABELA: O lume comezou a desaparecer grazas a que moitas persoas das vilas próximas estaban facendo cadeas humanas para botar auga. LEO: Unha vez que o lume foi extinguido, os animais adentráronse no bosque en busca das súas familias. SEBASTIÁN: Os dous cervos puxéronse moi ledos cando viron aos seus, e a esperada choiva comezou a caer. MARTA S.:Todo era agarimos e brincos de alegría. PAULA: Desde aquel día viviron felices para sempre.

GABRIEL: Moralexa: Temos que coidar o bosque porque os animais tamén sofren a causa dos incendios. Se queimamos as súas casas, ónde vivirán?

martes, 24 de octubre de 2017

CIENCIAS NATURAIS (TEMA 1)



Somos seres humanos porque podemos PENSAR (cerebro) e FALAR (linguaxe).



O seres humanos somo SIMÉTRICOS pero diferenciámonos por varias características físicas:
 
--Características sexuais (Paula é unha nena e Manuel é un neno).
--Trazos individuais (Andrea é loura, co pelo rizado e os ollos azuis).
--Constitución corporal (Kayla é máis baixa que Saray e o alumnado de 3ºB é delgado).
  
Partes do corpo:
 
CABEZA, TRONCO E EXTREMIDADES
Na cabeza diferenciamos o CRÁNEO e a CARA.
No tronco o TÓRAX e o ABDOME.
Nas extremidades superiores ANTEBRAZO, BRAZO e MAN.
Nas extremidades inferiores COXA, PERNA e PÉ.

Os ósos están suxeitos mediante as ARTICULACIÓNS e os músculos están suxeitos aos ósos mediante os TENDÓNS.

Tipos de ARTICULACIÓNS: móbil, semimóbil e fixa.

Somos seres vivos porque nacemos, alimentámonos e medramos, relacionámonos, reproducímonos e morremos. 

Polo tanto, os seres vivos realizamos as seguintes FUNCIÓNS VITAIS: 

           REPRODUCIÓN (nacer e reproducirse)
           NUTRICIÓN (alimentarse e medrar)
           RELACIÓN (relacionarse coa contorna ou outros seres vivos)

As etapas da vida son 5: infancia, adolescencia, xuventude, idade adulta e vellez. Nas páxinas 8 e 9 tedes un resumo dalgunhas das características destas etapas. 

A función de RELACIÓN é a capacidade que teñen os seres vivos para captar o que acontece ao seu arredor e reaccionar ante iso. 
É realizada polo: 
APARATO LOCOMOTOR, 
o CEREBRO e os NERVIOS
os ÓRGANOS DOS SENTIDOS 

Os órganos dos sentidos son: tacto (a pel), vista (os ollos), gusto (a lingua), olfacto (o nariz) e o oído (o oído). 

A acción de alimentarnos e asimilar todo o que necesitamos para manternos vivos chámase NUTRICIÓN. 
Esta función é realizada polo: 
APARATO DIXESTIVO
APARATO RESPIRATORIO
APARATO CIRCULATORIO
APARATO EXCRETOR.

A capacidade de ter descendentes é o que se coñece como REPRODUCIÓN. Os fillos seméllanse aos seus pais grazas a carga xenética (ADN). Dentro dos xenes transmitidos, uns son DOMINANTES (pelo marrón, ollos escuros, pelo rizo) e outros RECESIVOS (pelo louro, ollos claros, pelo liso).
A función de REPRODUCIÓN é realizada polo APARATO REPRODUTOR.

lunes, 23 de octubre de 2017

Sonidos K y Z

En este enlace encontraréis juegos para revisar la ortografía de los sonidos trabajados.

Ortografía

Completa con Z o C

OS NÚMEROS ROMANOS

Neste enlace tedes múltiples xogos de Mates. Os que nos interesan especialmente son os dos números romanos que é o que aprendimos esta semana na clase.

Os números romanos