MARÍA: Había unha vez nun bosque de
Galicia dous pequenos cervos que vivían coa súa familia. IKER: Un día, mentres
estaban pastando, tiveron que saír correndo por culpa duns cazadores. ANDREA: Os
cazadores, como non puideron cazalos porque estaba escuro, tiraron unha cabicha
que provocou lume. LUCÍA: O comezo, os cervos adentráronse naquela marabunda de lapas,
pero unha vez preto delas, apartáronse asustados porque ía demasiada calor. NOA H.: Comezaron
a aparecer pequenos animais preguntando qué estaba a ocorrer. PABLO: O bosque era un
auténtico caos porque todos os animais corrían e berraban. SARAY: Aínda que buscaban
unha saída, as lapas extendíanse rapidamente. ANA: Os eucaliptos semellaban cabazas
xigantes da noite do Samaín. MIKEL: Como o lume avanzaba máis rápido ca eles, non
atopaban o camiño a casa. MANUEL: Estaban moi asustados, tremendo co medo. JOEL: Pensaban que
nunca máis volverían a ver aos seus pais. HÉCTOR: As árbores caídas bloqueaban as saídas. MARTA L.: Corrían e corrían e os
seus corazóns latexaban sen parar. KAYLA: Cada vez era máis difícil respirar e
picábanlles os ollos.
RAN: Ademais, non se vía a lúa porque estaba agochada tras a densa cortina de fume. LUCA: Os seus pais, que estaban nunha zona do bosque a salvo, estaban moi preocupados porque non sabían onde estaban os seus fillos. NOA S.: De súpeto, os animais engaiolados polas árbores caídas, cando pensaban que morrerían asfixiados, escoitaron as sereas dos bombeiros. ISABELA: O lume comezou a desaparecer grazas a que moitas persoas das vilas próximas estaban facendo cadeas humanas para botar auga. LEO: Unha vez que o lume foi extinguido, os animais adentráronse no bosque en busca das súas familias. SEBASTIÁN: Os dous cervos puxéronse moi ledos cando viron aos seus, e a esperada choiva comezou a caer. MARTA S.:Todo era agarimos e brincos de alegría. PAULA: Desde aquel día viviron felices para sempre.

GABRIEL: Moralexa: Temos que coidar o
bosque porque os animais tamén sofren a causa dos incendios. Se queimamos as
súas casas, ónde vivirán?